O alumnado de 6º de primaria participará nun PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA nos Peares desde o 1 ao 7 de novembro, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. A participación neste curso residencial é voluntaria e os obxectivos xerais son consolidar as estruturas gramaticais básicas, mellorar a axilidade verbal, reforzar estruturas gramaticais, adquirir vocabulario en xeral e en situacións específicas, incrementar a confianza do alumnado na súa expresión en inglés, etc.
Esperamos que sexa unha experiencia magnífica para eles e que nos conten moitas cousas cando regresen. Boa sorte!
0 comentarios:
Publicar un comentario