martes, 3 de noviembre de 2015

CELEBRACIÓN HALLOWEEN - SAMAÍN



No CEIP Plurilingüe da Pontenova celebramos o HALLOWEEN ou SAMAÍN. 

Ao longo da semana o alumnado participou na exposición de cabazas (Jack o' lanterns) e de centros de outono que mostramos no hall do colexio. Tamén decoramos o centro con debuxos relacionados coa celebración; había esqueletos, arañas, cabazas, morcegos…

O xoves 29 de Outubro os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria representaron a obra teatral “James Bond in Goldfinger” que levaban preparando unha boa tempada, tanto a representación como o escenario no que actuaron, xa que non lles faltaba detalle. Certo é que lles saíu xenial! O bo traballo sempre da o seu froito.

Ao remate da obra o alumnado maior, os de 6º de E.Primaria repartiron caramelos e chocolatinas a todos os asistentes: alumnos/as, nais/pais  e mestres.

Agora mostramos as fotografías dese día para todos e especialmente aos que non puideron asistir para que nos vexan.





0 comentarios:

Publicar un comentario