martes, 26 de abril de 2016

MES DO LIBRO

Neste mes de abril celebramos o mes do libro.

Fixemos murais alusivos ao tema e unha exposición de libros. 

O día 22 pola mañá visitounos Antón Cortizas para falar do seu traballo ao alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º (Contos de retahílas, poesías e o Lapis de Rosalía). Tamén nos visitou Sabela Núñez Singala para presentar ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria o libro: O agasallo Anya.
Pola tarde o alumnado de 6º contou lendas da nosa contorna ao alumnado de Educación Infantil (tentaremos recollelas para publicalas no blog).

O alumnado de 5º escenificou a obra: " O restaurante de Farruco" ao alumnado de 1º e 2º de Primaria e o alumnado de 4º de Primaria contou contos  ("O país dos mandóns", "Cuanto te quiero" e "The birth of a butterfly") rematando a sesión facendo todos bolboretas con papiroflexia.

Foi un día moi intenso.













0 comentarios:

Publicar un comentario