O venres mandáronse a través do cole as cartas para informar da nova iniciativa que vos ofrece a ANPA.
A ver que vos parece...
Queridas familias:
Achégase o ENTROIDO 2016 e
dende a ANPA temos unha proposta que facer.
Gustaríanos colaborar coa
festa que se celebrará o venres 5 de febreiro no cole e pensamos que o podiamos
facer entre todos.
Que tal se v@s dá a cociña?
A idea é que cada familia
aporte algún doce " de entroido" (filloas, orellas, chulas, roscos,
biscoito...)
e así teñamos máis variedade
para probar no fin da festa
Non se trata de que unha
familia faga moita cantidade, sinón que cantos máis sexamos a levar, menor
cantidade toca por unidade familiar.
Botade man de quen creades
necesario e animádevos a colaborar!!
Necesitamos concretar con
que cantidade de postres contaríamos e por eso poñemos de prazo ata o luns 1 de
febreiro para que nos confirmedes a vosa colaboración se se da o caso.
Só tedes que decir...SI,
colaboro con... unha fonte de roscos, un biscoito... o que sexa.
Podedes facelo persoalmente
(recordade que o mércores 27 de xaneiro estaremos no local do cole da ANPA en
horario de 15: 00 a 16:00 horas) ou por teléfono no número que sempre se v@s
facilita 606104487
NOTA: no caso de seguir
adiante coa iniciativa pero non ter suficientes doces, o colexio poñerá o que
falte para que chegue para todos.
un saúdo!
Unha vez máis, esperamos que a idea sexa do voso agrado.
RECORDADE que hai esta semana de prazo pra ir anotando os doces cos que imos contando.
0 comentarios:
Publicar un comentario