miércoles, 9 de diciembre de 2015

ANPA - BAILE DE NADAL

BOS DÍAS FAMILIAS!

O pasado luns o cole fíxose cargo de mandar por cada nen@ as tarxetas de "invitación" á festa que imos organizar para dara  benvida ao nadal o próximo xoves 17 de decembro.



Como leredes nas tarxetas, puxemos unhas indicacións para que o traballo sexa algo máis sinxelo para todo



A ANPA quere invitarvos a esta festa que organiza para dar a benvida ao NADAL.
Será o XOVES 17 no comedor do cole en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Haberá merenda, animación musical e sorteo dunha cesta entre os asistentes.
Nais, pais e alumn@s do CEIP...ANIMÁDEVOS A VIR!
INDICACIÓNS:
SOCIOS: asistirán de balde, deberán confirmar asistencia por teléfono (606104487) ou no local da ANPA do cole os mércores 9 ou 16, en horario de 15:00 a 16:00 horas.
NON SOCIOS: terán que pagar 2€, que serán aboados os mércores 9 ou 16 no local da ANPA do cole en horario de 15:00 a 16:00 horas.
AVISO: ESE DÍA NON SE VENDERÁN ENTRADAS.
Invitamos a que os nenos e as nenas veñan vestidos de maneira elegante e celebrar o fin do primeiro trimestre por todo o alto.
NOTA: pedimos que cada nen@ acuda acompañado dalgún adulto.
ORGANIZA: ANPA  // COLABORA: CEIP PLURILINGüE DE A PONTENOVA



RECORDADE, hoxe mércores 9 estaremos no local de 15:00 a 16:00 horas.


un saúdo!

 

0 comentarios:

Publicar un comentario