domingo, 15 de noviembre de 2015

ANPA - HISTORIAS DO MEU COLE

Boas familias!!!!!

Dende o cole envíannos un concurso,



LEDE CON ATENCIÓN:

Os Bolechas, Televisión de Galicia e Obra Social "la Caixa" teñen o  pracer de comunicar a posta en marcha do concurso de debuxo HISTORIAS DO MEU COLE, no que, á parte de premios individuais, o centro educativo optará a un gran premio de 1.000 euros.
Neste concurso de debuxo as nenas e nenos terán que plasmar anécdotas acontecidas no ámbito do seu colexio. Con esta iniciativa quérese potenciar a súa creatividade e resaltar o papel que xogan o colexio e os mestres, así como os valores relacionados co contorno escolar, na vida das nenas e nenos galegos.
A participación no concurso é individual, é dicir, cada nena ou neno fará cantos debuxos desexe a título persoal, aínda que agardamos a máxima colaboración dos centros educativos , xa que ademais de seren protagonistas do concurso, os colexios tamén optan a importantes premios.

Todos poden participar na propia web do concurso e seguir as instrucións alí indicadas para inscrinbirse coa axuda dos seus pais/titores; é moi doado
O prazo para participar remara o día 11 de decembro de 2015

Cada participante optará a premios semanais e a un gran premio final na categoría na que participe.

- a categoría A comprende as idades entre 3 e 5 anos
- a categoría B comprende as idades entre 6 e 8 anos
- a categoría C comprende as idades entre 9 e 12 anos

PREMIOS:
1. PREMIOS SEMANAIS: sortearanse semanalmente tres cursos de inglés (un por categoría) e unha maleta dos bolechas entre os participantes a cada unha das categorías
2. SORTEOS: tamén haberá un sorteo final en cada categoría. Así, os tres gañadores de cada categoría levarán cadansúa televisión Sony Bravia de 32" para eles e unha tablet Android para a súa aula. Os segundos finalistas recibirán unha tablet Android e os terceiros finalistas gañarán unha bicicleta.
3. GRAN SORTEO FINAL: os gañadores das tres categorías optarán a un último sorteo no que un deles gañará un cheque de 1000 euros para o seu colexio.
4. PREMIO ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN: ademais, os dous colexios de Galicia que teñan máis participantes levarán unha tablet Android.

Dende a ANPA animamosvos a participar e que sexa o noso cole o que opte a ese gran premio final.

o enlace da web para inscribirse é o seguinte:

http://www.osbolechas.gal/cole/

Queremos informar que cada debuxo que a nena ou o neno envíe faise na propia web, nunha especie de pizarra dixital que se mostra en canto entredes no enlace.

Somos conscientes que para este concurso cada nena ou neno necesita ordenador, internet, ademais dunha conta de correo que piden á hora de mandar o debuxo rematado.
Por esto, queremos anunciar que a ANPA ofrécese a prestarvos a colaboración que precisedes necesaria si estades interesad@s en participar e por calquera motivo non tedes acceso.

Poñedevos en contacto con nós que che botamos unha man pra que @ vos@ fill@ poida participar neste concurso HISTORIAS DO MEU COLE.

Un saúdo!







0 comentarios:

Publicar un comentario