lunes, 23 de noviembre de 2015

ANPA - EN MARCHA

Queremos empezar esta semana mostrando outra parte do noso local, a ventá de "EN MARCHA", nela iremos colgando actividades das que a ANPA forma parte, xa sexa organizadas por nós ou coas que colaboramos dalgunha maneira.

A tal día, a ventá está así:


I CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LIBROS DE SEGUNDA MAN, da que podemos decir que estamos contentos porque @s nen@s siguen traendo contos!  MIRADE!!!!!


CONCURSO HISTORIAS DO MEU COLE, do que anunciamos que hai novidades, esto é o que vos encontrades cando entrades na web, debuxar no ordenador e ahora tamén...

Agora tamén podedes debuxar en papel!
Debido ás moitas peticións recibidas, abrimos unha nova modalidade de participación: debuxo sobre papel. Só tes que descargar a folla-modelo, cubrir os datos e facer o teu debuxo.
Despois podes escanealo ou sacarlle unha foto e subilo á web ou envialo por mail a cole@osbolechas.com
  
E a gañar as ducias de premios semanais e finais do concurso!!


Si vos fixades ben, hai premios semanais.
Recordade que cada neno e nena pode mandar cantos debuxos queiran.
Deixamos de novo o enlace para que o teñades a mán:

 http://www.osbolechas.gal/cole/

Pídenos axuda se dudas como facer e que ninguén do noso cole quede sen mandar o seu debuxo!

Rematamos a publicación recordando que o noso buzón de suxerencias sigue dispoñible para todo o que se vos ocurra. Achégase o nadal, calquer idea e colaboración será ben recibida.


 Un saúdo!

0 comentarios:

Publicar un comentario