Este venres 13 de febreiro, celebramos o Entroido no noso Cole.
Pola mañá tivemos tres obradoiros: un de facer galletas (no comedor), outro de fiado (nunha clase preparada para elo) e o terceiro de consumo (na Biblionova). Queremos agradecer a todas as persoas que desinteresadamente colaboraron para que estes obradoiros foran posibles e nos puideran transmitir os seus coñecementos.
Pola tarde disfrazámonos, tivemos o noso desfile, baile, merendamos orellas e batidos e queimamos o meco. Aquí tedes algunhas fotos:
Pinchade AQUI para ver o resto das fotos.
0 comentarios:
Publicar un comentario