viernes, 5 de abril de 2013

ADMISION ALUMNADO CURSO 2013-2014

Pola presente infórmase que de acordo coa ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnos/as para o curso 2013-2014 no Colexio Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria de A Pontenova, será DO 5 AO 17 DE ABRIL, ámbolos dous días inclusive:

-Os postos que se ofertan son: en 2º ciclo de Educación Infantil ata 25 alumnos por unidade e en educación primaria ata cubrir 25 alumnos por grupo.
-A área de influencia deste centro abrangue o concello de A Pontenova.
-O prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión será- do 22 de abril ao 3 de maio. (Isto só no caso de ser necesario).
-Os servizos complementarios que este centro ofrece son comedor e transporte: O servizo do comedor está regulado segundo o Decreto 25 de xaneiro de 2007 e segundo a Orde do 21 de febreiro de 2007 que regulan a organización,funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O servizo de transporte escolar está regulado segundo R.D. 443/2001 do 27 de abril e o Decreto 203/1986 do 12 de xuño.
-A publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos realizarase antes do 10 de maio, abríndose a partir desta data o prazo de reclamacións que será de 5 días hábiles.
-O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño de 2013.

Nota informativa:
·         Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
·         O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
·         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Os modelos de solicitude están no centro a disposición dos interesados.

  A DIRECCION

0 comentarios:

Publicar un comentario