jueves, 28 de febrero de 2013

OS LECTÓMETROS DO CEIP PLURILINGÜE A PONTENOVA


OS LECTÓMETROS DO CEIP PLURILINGÜE A PONTENOVA
( ÁRBORES MEDIDORES DE HÁBITOS LECTORES)
Este curso, por primeira vez, estamos a desenvolver unha actividade encamiñada a valorar e “medir” os hábitos lectores do noso alumnado, pero dende una perspectiva lúdica e motivadora para eles e elas.
Trátase dos LECTÓMETROS, cada curso de infantil e de primaria elaborou o seu e o alumnado teno que ir completando ao longo de todo o curso académico.
Cada aula ten unha destas árbores e a cada alumno/a asígnaselle unha rama, nela terá que ir pegando as follas (unha por cada libro que lea co título e o autor), de cada catro libros lidos brotará unha flor, e de cada dúas flores xurdirá un froito.
Queremos ensinarvos como van evolucionando por agora algún dos nosos LECTÓMETROS, posto que estamos moi orgullosos do moito e ben que están traballando e lendo os nosos alumnos.
AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS






0 comentarios:

Publicar un comentario