lunes, 2 de abril de 2012

2 DE ABRIL - DIA DO LIBRO INFANTIL

O 2 de abril conmemórase o Día do Libro Infantil, por ser a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Obradoiros, contacontos, mostras de libros e actividades de bookcrossing son algunhas das iniciativas que propoñen as bibliotecas públicas de Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense e A Coruña para fomentar a lectura entre o público máis novo. Se nestas datas andades cerca non o dubidedes ACHEGÁDEVOS A DISFRUTAR de múltiples actividades!.

Un enlace a material conmemorativo da xunta para esta data: http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2011/07/21/childrenyoung.pdf

0 comentarios:

Publicar un comentario