O 8 de marzo celébrase o DÍA DA MULLER TRABALLADORA, conmemorando os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais, pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.
Hoxe en día, o 8 de marzo, convertiuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbito, social e político.
Dende o Colexio queremos transmitir que a nosa mellor arma para loitar en pro da igualdade é A EDUCACIÓN.
A continuación destacamos os seguintes videos e libros relativos ao tema:
VIDEOS:
LIBROS:
Despois da medianoite
Salma. Tradución: María Reimóndez
Edicións Xerais de Galiza
Todas as mulleres que fun
Andrea Nunes Brións
0 comentarios:
Publicar un comentario