domingo, 22 de enero de 2012

COMEZAMOS COS CONTRATOS PROGRAMA - SOMOS UN DOS 21 CENTROS BENEFICIARIOS DA PROVINCIA


O noso Centro acolleuse á primeira liña de actuación:

 

"Reforzo, orientación e apoio

A primeira destas liñas de actuación vén a mellorar as accións que se viñan desenvolvendo ao abeiro do programa de reforzo, orientación e apoio (PROA), dándolles maior relevancia ás accións dirixidas á mellora dos resultados académicos do alumnado con desvantaxe socioeducativa.
Cómpre destacar que cos contratos-programa permanecen as dúas liñas de acción do PROA. Por unha banda o acompañamento escolar fóra do horario lectivo, dirixido ao alumnado do 2º e 3º ciclo de educación primaria e de secundaria obrigatoria (ESO) que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe, así como a aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve. O obxectivo é potenciar a aprendizaxe e o rendemento deste alumnado mediante a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, o alento ao estudo, a mellora da súa integración, e o fornecemento dos coñecementos e das destrezas nas áreas instrumentais."

No noso Centro as clases serán os LUNS E MERCORES DE 16:00 A 18:00 HORAS

0 comentarios:

Publicar un comentario