domingo, 18 de octubre de 2015

ANPA CEIP A PONTENOVA



Estimados nais e pais:


Tras a renovación da Xunta directiva do colexio na pasada Asamblea o día 29 de setembro a que todos estivestedes invitados, dirixome a vosoutros a modo presentación e para invitarvos a participar nas actividades e proxectos que dende a ANPA queremos facer.


Ó igual que os anteriores responsables da asociación, somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos en particular e coa mellora da comunidade educativa en xeral.


Así é que xunto coa tarefa de educadores que temos asinada de forma individual cos nosos fillos, os pais debemos ser conscientes que as familias somos un membro mais da comunidade educativa, xunto cos propios alumnos e os profesores.


Neste sentido temos por diante unha etapa moi ilusionante e non temos duda que será fructífera.


Con esas esperanzas e ganas de traballar empezamos a nosa andadura, a actual xunta directiva da ANPA do CEIP PLURILINGÜE A PONTENOVA:


PRESIDENTA: Noa Miranda Gómez

SECRETARIA: Marcia Regina Dornelles de Freitas

TESOUREIRA: Ana María Santiso Rodriguez

VOCAIS: Paqui, Mónica, Noelia, Pablo, Bea, J.Luis, Iván e Jaime


Entre as cousas que vos podemos adiantar hai:


- Poñer en funcionamento un local no colexio para atender as vosas suxerencias xa sexan de forma persoal ou no noso buzón de forma anónima, facer reunións e xuntanzas… que o director nos cederá

- Ter actualizado o apartado da ANPA na páxina do colexio (pareceme de vital importancia que todos esteamos enterados da nova información)

- Todos aqueles que vos fagades socios teredes o voso carné personalizado e con el se vos poida agasallar de diversas maneiras


Estos son solo algúns puntos que dende a ANPA queremos levar a cabo e queremos que sepades que estamos abertos a calquer suxerencia que vos animedes a mostrarnos.


¿QUEN PODE PERTENCER A ANPA?

Pode pertencer a ANPA calquer familia que teña fillas ou fillos no colexio. Só hai que solicitalo. A cota anual por familia que se decidiu será de 10€. Ésta é necesaria porque sen recursos económicos o traballo da Asocación é limitado e dende aquí vos pedimos a todos que vos asociedes.

Unha asociación sin socios non funciona.




¿COMO PARTICIPAR NA ANPA?


A ANPA quere conseguir que a participación activa dos seus socios sexa unha realidade, e por eso todos os socios están chamados a participar nas distintas actividades,comisións de traballo e órganos de representación e xestión da Asociación. Sólo así conseguiremos formar un gran equipo.


Cantos máis pais e nais se impliquen e formen parte activa da ANPA, o resultado será mellor e máis productivo. Si se consigue que muita xente se encargue dunha pequena cousa ó ano, aínda que sólo sexa unha, multiplicamos as nosas forzas.


Participar é unha forma de acostumar ós nosos fillos e fillas a sentir que forman parte dunha escola activa e na que todos participan na medida das suas posibilidades. ¡PARTICIPA!



¿COMO FACERSE SOCIO DA ANPA?

Si queréis pertencer a Asociación de Nais e Pais de alumnos do CEIP Plurilingüe A Pontenova deberedes abonar a cota anual de 10€,independientemente dos fillos matriculados que teñades. Esta cota foi establecida pola nova xunta directiva na última asamblea do 8 de outubro.


O ingreso ou transferencia farase na conta da ANPA que temos no BBVA de A Pontenova.


ES90 0182 5280 3102 0152 2823



NOTA: debido a que fai días que comezou o curso marcamos como data límite para facerse socio o 31/10/2015 con motivo da previsión de actividades para os meses de novembro e decembro e nos gustaría poder empezar canto antes.


Calquer duda ou suxerencia podedesvos poñer en contacto con nós en anpa_pontenova@hotmail.comou de forma persoal con calquera dos membros.


Ademais de mostrarvos a carta que se vos foi enviada ó longo desta semana a cada un de vós, na que nos presentamos e vos animamos a facervos socios da ANPA, queremosvos mostrar a imaxe pola cal nos poderedes recoñecer a partir dagora que empezamos a nosa actividade:

Esta semana teredes mais novidades!

0 comentarios:

Publicar un comentario