Pola presente infórmase que o prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnos/as para o curso 2011/2012 no Colexio de Educación Infantil e Primaria de A Pontenova, será DO 1 AO 31 DE MARZO, ámbolos dous días inclusive segundo a Orde do 17 de marzo de 2007 polo que se regula o procedemento de admisión de alumnado:
-Os postos que se ofertan son en 2º ciclo de Educación Infantil ata 25 alumnos por unidade e en educación primaria ata cubrir 25 alumnos por grupo.
-A área de influencia deste centro abrangue o concello de A Pontenova.
-O prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión será do 6 ao 27 de abril (Isto só no caso de ser necesario).
-Os servizos complementarios que este centro ofrece son comedor e transporte: O servizo do comedor está regulado segundo o Decreto 25 de xaneiro de 2007 e segundo a Orde do 21 de febreiro de 2007 que regulan a organización,funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O servizo de transporte escolar está regulado segundo R.D. 443/2001 do 27 de abril e o Decreto 203/1986 do 12 de xuño.
-A publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos realizarase antes do 30 de abril, abríndose a partir desta data o prazo de reclamacións que será de 5 días hábiles.
-O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño de 2011.
Nota informativa: Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar e serán ineficaces aquelas solicitudes que incumpran a norma.
Os modelos de solicitude están no centro a disposición dos interesados.
A SECRETARÍA
0 comentarios:
Publicar un comentario