jueves, 1 de septiembre de 2016

NOVA PAXINA WEB DO CENTRO

Comezamos novo curso e con el pechamos este Blog do colexio e comezamos a utilizar unha nova páxina web oficial, a través do servidor da Consellería de Educación. Polo que, a partir de agora se queres coñecer as nosas novas tes que ir ao seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontenova/

Perdón polas molestias e moitas grazas.

jueves, 30 de junio de 2016

BOAS VACACIÓNS - HAPPY HOLIDAYS - BUENAS VACACIONES

ATA O VINDEIRO CURSO 2016-2017!
BO VERÁN - HAPPY SUMMER
 
 
A DISFRUTAAAAAAAAAAAAAR!!!!!!!!!

miércoles, 22 de junio de 2016

ANPA-FIN DE CURSO

Queridas familias, 
e aló outro curso que remata....

Onte fostedes moit@s os que participasteis na gincana, moitas gracias!
Houbo algo de todo, carreiras cos pés atados, circuito de conos con ollos tapados e caldeiro
con auga en man, montamos en patinete, saltamos na raiola, tiramos da corda....
En definitiva, un pedazo do máis entretenido e diferente!

A ANPA só nos queda decir gracias
Que todos teñades unhas boas vacacións e...ata setembro!


un saúdo!



GINCANA FAMILIAR

GRADUACION 6º DE EDUCACION PRIMARIA

GRADUACION 6º EDUCACION INFANTIL

martes, 21 de junio de 2016

viernes, 17 de junio de 2016

CONCERTO NA CASA DE CULTURA

Hoxe todo o colexio asistimos a un CONCERTO da ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA de A Pontenova na Casa de Cultura. Nel participaron moitos e moitas dos e das nosos e nosas compañeiros/as.










jueves, 16 de junio de 2016

NAVEGA CON RUMBO

Dentro do Programa NAVEGA CON RUMBO, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe unha charla por personal especializado para a súa concienciación no uso da Internet dun xeito axeitado e seguro.




SAIDA DO ALUMNADO DE PROA

Como remate ás clases de PROA deste curso o alumnado asistente tivo unha xornada de lecer por Lugo, onde tiñan organizadas diversas actividades lúdicas e culturais.










NOVOS PREMIOS

Alumnado de 5º e 6º de primaria do noso Centro resultou premiado no Concurso Infantil de Dibujo Ecológico organizado pola Cadena Cope.
Concretamente resultaron premiadas Nuria Torre, Marina Bizinella, Adriana Luculescu, Ana Gómez e Antía Cabodevila.
Parabéns!








miércoles, 15 de junio de 2016

ANPA-NOVAS XUÑO

Boas familias!!!

Chegamos casi casi no remate final coas nosas últimas novas deste curso que pasou voando!

Hoxe, mércores, renovamos o tablón e fixemolo con este artigo que dado na época donde
nos atopamos, pareceunos indicado:

 Podedelo ler completo aquí:

http://www.fapar.org/escuela_padres/ayuda_padres_madres/vacaciones.htm

Por outra banda, 
como xa sabedes o martes 21 temos gincana familiar donde a única intención é que todos xuntos pasemos un anaco entretido e divertido asique non vos olvidedes de que un "familiar" acompañe a cada alumn@ e poder "competir" cantos máis mellor.

No día e hoxe tamén organizamos os xogos que se realizarán durante a gincana e deixamos casi rematado o material que utilizaremos para levalo a cabo.

Sin máis,
un saúdo!

 

jueves, 9 de junio de 2016

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º participou nunha CARREIRA DE ORIENTACIÓN. Tratábase de atopar 10 balizas colocadas estratéxicamente na zona do Campo de Muruais de Goios coa axuda dun mapa previamente elaborado. Queremos darlle as grazas, ademais dos/das profes do cole a Manolo Ventura que se implicou dende un principio nesta actividade. 











APRENDEMOS A RECICLAR CORRECTAMENTE

Este mércores o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria recibimos unha charla a cargo de un técnico de medio ambiente do Grupo Soil. Reforzamos os nosos coñecementos sobre a reciclaxe, o que ten que ir ao colector azul, ao colector amarelo, ao colector de vidro...





lunes, 6 de junio de 2016

MARIÑEIROS POR UN DIA

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º fumos a Celeiro, no Concello de Viveiro e fumos MARIÑEIROS POR UN DIA, co persoal da Cofradía de Pescadores aprendemos a recoñecer o peixe, montamos en helicoptero (ainda que fora pousado), fumos a San Cibrao e tivemos  algunha que outra actividade inesperada.